Deseñamos e fabricamos equipos de posta a flote e recuperación para as máis altas esixencias e requisitos, baseando o noso traballo nas funcións de deben cumplir, obtendo a máxima operatividade, productividade e seguridade dos equipos. A nosa ampla experiencia no desenvolvemento deste tipo de equipos permítenos orientar as innovacións cara as necesidades específicas de cada buque. Os equipos FERRI incorporan melloras de fiabilidade e que permiten traballar en estados de mar 6 ou superiores. Isto é sinónimo dunha maior productividade e eficiencia no traballo.
Desenvolvemos calquera sistema LARS: pórticos, brazos telescópicos e articulados, guindastres, pescantes, etc. Para todo tipo de buques ou elementos submarinos: ROVs, CTD Rosetas, torpedos, sonares ou arados entre outros. Tamén deseñamos equipos de superficie prontos para ser instalados en todo tipo de embaracións: barcos de investigación sísmica, mega-iates, barcos militares, cableiros, buques oceanográficos, submarinos de rescate offshore, embarcacións hidrográficas, etc. Eles xa confían en nós:
LARS MULTISERVIZO EN HANGAR BAIXO CUBIERTA
Pegaso (Malta)
Buque de investigación oceanográfica
FUNCIÓN: Guindastre transversal para a posta a flote e recuperación de barcos de traballo e minisubmarino tripulado.
CONTRIBUCIÓN: Equipo deseñado para a posta a flote e recuperación de elementos superiores a 14T por ambos lados da embarcación. O factor chave foi o deseño á medida para embarcación e minisubmarino, procurando a altura mínima posible no interior do hangar e cumplindo as demandas de acabados como se require nun mega-iate.
OUTROS EQUIPOS FERRI INSTALADOS: Berces para os botes de traballo e submarino.
BRAZO TELESCÓPICO PARA CTD E ROSETA
Sarmiento de Gamboa (España)
Buque oceanográfico
FUNCIÓN: Brazo telescópico para a posta a flote e recuperación dun CTD rosette.
CONTRIBUCIÓN: Sistema de traslación, amantillo e telescopaxe para situar os equipos preto da liña de flotación. Certificado por Bureau Veritas.
OUTROS EQUIPOS FERRI INSTALADOS: Pórtico de popa para ROV. Pórtico lateral hidrográfico para broca de coroa. Brazos articulados e outros equipos auxiliares para operacións sísmicas.
LARS PARA ROV
Ángeles Alvariño e Ramón Margalef (España)
Buque oceanográfico
FUNCIÓN: Equipos para posta a flote e recuperación dun ROV, tipo Liropus.
CONTRIBUCIÓN: Dispón dun guincho auxiliar, barra oceanográfica e cabezal amortecedor para as operacións do ROV. Amplo ángulo de basculamento mediante un sistema de bielas. Pastecas auxiliares para manobras de pesca.
Certificado por Bureau Veritas.
OUTROS EQUIPOS FERRI INSTALADOS: Guindastre electrohidráulico articulado de 5T a 9m en condicións de mar ata Beaufort 2. Brazo telescópico. Pórtico lateral e en popa. Pescante para botes.
GUINDASTRE OFFSHORE ARTICULADO ELECTRO-HIDRÁULICO PARA ROV
Odiseey explorer & Explorer/coastal connector (USA). Cableiro/raymond Croze (FRA). Cableiro/Teneo, Cableiro/Iberus & embarcación multipropósito (ESP). Cableiro/Havila reel (VIN).
Máis información
CONTRIBUCIÓN: Conta con soporte de cabeza estabilizada para ROV. O deseño cumple co código de Lloyd’s e Bureau Veritas para aparatos de elevación. Este guindastre é intercambiable entre embarcacións.
OUTROS EQUIPOS FERRI INSTALADOS: Buque pescante. Guindastre para carga e balsas. Ponte de guindastre na parte delantera. Guindastre de arco.
PÓRTICO DE POPA PARA ROV
Sarmiento de Gamboa (España)
Buque oceanográfico
FUNCIÓN: Equipo para posta a flote e recuperación de ROV.
CONTRIBUCIÓN: Equipo especialmente deseñado para manexo dun ROV en alta mar. O pórtico opera conxuntamente coas diferentes maquinillas a bordo e cun guincho integrado na estrutura específicamente deseñado para dar soporte ás manobras co ROV. ALS clasificado por Bureau Veritas.
OUTROS EQUIPOS FERRI INSTALADOS: Brazo telescópico para CTD rosette. Pórtico lateral hidrográfico para broca de coroa. Brazos articulados e outros equipos auxiliares para operacións sísmicas.
PÓRTICO PARA POSTA A FLOTE E RECUPERACIÓN DUN PESQUEIRO
Intermares (Spain)
Buque de formación náutico-pesqueira. Ministerio de medio ambiente, rural e mariño
FUNCIÓN: Pórtico para posta a flote e recuperación dun pesqueiro.
CONTRIBUCIÓN: Equipo deseñado para posta a flote e recuperación dun pesqueiro de ata 45T. Elevación mediante cilindro hidráulico. Certificado por Bureau Veritas.
OUTROS EQUIPOS FERRI INSTALADOS: Guindastre articulado, pescantes para botes e escada real.
PÓRTICO PARA RECOLLIDA DE PECIOS E OBXECTOS Á DERIVA
Clara Campoamor e Don Inda (España)
Remolcadores
FUNCIÓN: Pórtico para recollida de pecios e obxectos á deriva.
CONTRIBUCIÓN: Equipo deseñado para a recollida de pecios e outros obxectos voluminosos de ata 100T peso, 11.7m de lonxitude e 8m de altura. Este equipo foi deseñado para que poida ser intercambiable entre buques xemelgos. Incorpora un guincho de elevación. Deseño aprobado por DNV e construido e aprobado por Bureau Veritas.
OUTROS EQUIPOS FERRI INSTALADOS: Gancho de remolque. Rodetes guía con forquita.
PÓRTICO DE POPA CON ESTABILIZADOR
Iberus (España)
Cableiro
FUNCIÓN: Pórtico para a posta a flote e recuperación dun arado para enterramento de cable de fibra óptica ata unha
profundidade de 1500m.
CONTRIBUCIÓN: Equipo para o manexo en alta mar dun arado de 25T, con cabezal estabilizador e grande ángulo de
basculamento para liberar o tiro da maquinilla no arrastre. Cabezal desprazable polo dintel para trincar o arado e
estibalo fóra da liña de tendido. Certificado por LRS.
OUTROS EQUIPOS FERRI INSTALADOS: Pastecas en popa para o cable de remolque do arado e guindastre offshore para manexo do ROV.
PÓRTICO DE POPA
Janan (Qatar)
Buque de exploración oceanográfica
Máis información
CONTRIBUCIÓN: Amplo ángulo de xiro a través dun sistema de bielas. Motonería para operacións de pesca.
OUTROS EQUIPOS FERRI INSTALADOS: Pórticos en ambos costados.
PÓRTICO DE POPA
Ocean researcher V (Taiwan)
Buque de exploración oceanográfica
Máis información
CONTRIBUCIÓN: Polea de grande diámetro para o uso do cable de sinal umbilical. Estruturas de grande escala que operan en ROV de grandes dimensións.
OUTROS EQUIPOS FERRI INSTALADOS: Pluma telescópica. Pórtico lateral. Pastecas pasacables.
ESTABILIZADOR DOCKING-HEAD
Discovery (UK)
Buque oceanográfico
Máis información
FUNCIÓN: Equipos auxiliaries para posta a flote e recuperación do robot submarino ISIS.
CONTRIBUCIÓN: Integración cos equipos existentes. deseño modular para facilitar a estiba. Amortiguación e capacidades de rotación.
OUTROS EQUIPOS FERRI INSTALADOS: Guindastre principal articulado. Sistema de movemento de contedores. Guindastres monorraíl.