Outros

Ganchos, rodetes guía, motonería e guías de reenvío, escadas reais e pescantes, válvulas, towpins… todo o que poida precisar no mar.

GANCHOS E RODETES GUÍA

Os equipos para remolcadores xogaron un importante papel nos máis de 50 anos de historia de FERRI. Dispoñemos dunha ampla gama de ganchos, arcos de remolque e rodetes guía con forquitas adaptados ás necesidades operativas e
estruturais de cada buque. O nosos ganchos de remolque da gama estándar son de tipo disco e abranguen dende 4T a 500T. Ofrecemos tamén outra gama de ganchos con rearme hidráulico. Estos ganchos son máis compactos, aforrando un prezado espazo en cuberta e reducindo a necesidade de persoal para o seu armado.

Ambos tipos de ganchos ofrecen unha serie de opcións tales coma ancoraxes, sistemas de disparo asistido, activación automática por escora límite, etc. A gama de rodetes guía con forquitas exténdese ata os 500T de tiro en cable. Poden adaptarse a requisitos máis exigentes, formas e tamaños especiais. Máis de 400 buques empregan con éxito elementos de remolque FERRI.

Onde pode atopar ganchos e rodetes FERRI:

               

GANCHO DE REMOLQUE CON DISPARO POR RADIOCONTROL

Geo Pacific (Islas Marshall)
Buque de investigación

FUNCIÓN: Gancho de remolque para disparo a distancia.

CONTRIBUCIÓN: Equipo para solta en carga con sistema de disparo por radiocontrol dun buque a outro. Rearme hidráulico. Clasificación DNV.

RODETES GUÍA DE 400T CON FORQUITA DE 500T

Clara Campoamor e Don Inda (España).
Remolcadores de altura

FUNCIÓN: Rodetes guía para manexo de áncoras.

CONTRIBUCIÓN: Equipos berce de elevada capacidade de tiro e provisto duna batería de enerxía acumulada para disparo de emerxencia.

GANCHO CON BRAZO E PISTA CON ANCORAXE

Diheciocho (España)
Remolcador de altura

FUNCIÓN: Gancho para operacións de remolque en altura.

CONTRIBUCIÓN: Aumento da estabilidade no buque durante o remolque de través.

RODETE GUÍA DE PROA PARA REMOLCADOR

C-686 Svitzer Pembrokes (Reino Unido)
Remolcador de altura

FUNCIÓN: Carrete para remolque escolta.

CONTRIBUCIÓN: Incremento da estabilidade da embarcación durante o remolcado do escolta.

GANCHO DE REMOLQUE DE 250T

Clara Campoamor y Don Inda (España)
Remolcador de altura

FUNCIÓN: Gancho de diparo en carga.

CONTRIBUCIÓN: Unidade TN 250T para disparo neumático, con escora límite, amortecedor de balance e ancoraxe en cuberta.

MOTONERÍA E GUÍAS DE REENVÍO

Temos unha longa traxectoria con este tipo de equipos. Ofrecidos por FERRI dende hai máis de 50 anos atrás. Dende equipos estándar ata feitos á medida, calquera tipo de pasteca oU cadernal incluso para usos baixo a agua. Fabricamos fairleads para guía e conducción de cadeas e cables, con cabezais basculantes montados sobre rodamentos ou casquillos. Todos as pastecas FERRI posúen rodamentos de rodetes cónicos específicos para as grandes cargas ás que serán sometidas. O sistema de estanqueidade do tren de rodamentos impide a entrada de agua ao tempo que permite o escape de graxa, o que garante un selado perfecto. Por outra banda, as gorxas das roldanas sométense a un proceso totalmente automatizado de endurecemento por indución eléctrica aos valores establecidos polos fabricantes de cables. Estas gorxas son inspeccionadas e sometidas a tests de dureza.

Eles xa confían en nós:

        

FAIRLEADS E GUÍAS DE REENVÍO PARA MANOBRAS DE ÁNCORAS

Simon Stevin (Bélxica)
Buque de construcción

FUNCIÓN: Fairleads e guías de reenvío da manobra de áncoras tanto en proa con SWL de 440T como en popa de ata 220T.

CONTRIBUCIÓN: Os fairleads de popa integráronse nos seus soportes para minimizar espazos sobre cuberta e direccionar os cables de forma óptima e segura.

PASTECAS SWL 200T

FPSO (Noruega)

PASTECAS PARA TODAS AS MANOBRAS DE PESCA

Máis de 500 embarcacións empregan con éxito estes equipos: frotas de súper-atuneiros; os arrastreiros máis exigentes do Norte de Europa e pesqueiros de todo tipo de artes nos cinco continentes.

Coa incorporación de Talleres Carral a Industrias FERRI, no ano 2013, as Pastecas CARRAL sumáronse ás Pastecas FERRI. As Pastecas CARRAL son o estándar da flota arrastreira española.

ESCADAS E PESCANTES

Equipos para acceso e tránsito no buque. Realizados á medida para cada embarcación tendo en conta o espazo, a ubicación, a manobrabilidade, o tamaño e o uso en consonancia coas condicións de traballo.

ESCADAS E PESCANTES

Chantiers de l’Atlantique
Cruceiro de luxo

ESCADAS E PESCANTES

Buque anti-polución e de salvamento (España)

ESCADAS E PESCANTE

Portaaeronaves (Australia e España)

VÁLVULAS DE VENTILACIÓN DE TANQUES

Unha completa gama de válvulas para ventilación de tanques en tódolos tamaños, en aceiro galvanizado, aceiro inoxidable ou materiais especiais xunto con diferentes execucións de bridas e tubos. Para descarga sobre cuberta ou ao costado, con tapas USCG, etc.

Máis de 1000 buques en todo o mundo empregan con éxito válvulas FERRI.

– Descarga sobre cuberta
– Descarga ao costado
– Acabados especiais

 

NOS VEMOS EN:

MEET US AT THE EXHIBITION:

RENCONTREZ-NOUS À L’EXPOSITION:

STAND Nº 157

10 – 12 SEPTIEMBRE 2019

VIGO