Mejora de los servicios de análisis de sustancias prioritarias en aguas interiores mediante desarrollo e integración de nanosensórica robótica y sistemas de gestión de información

(IN852A 2018/5)

Programa: Conecta Peme 2018. Axudas para a realización de proxectos de I+D+i en colaboración entre empresas en áreas estratéxicas para Galicia.

Orzamento Total:          1.056.297,97 €

Empresa Líder:               INDROPS LABORATORIO DE ANÁLISIS Y CALIDAD MEDIOAMBIENTAL S.L.

Empresas socias:           INDUSTRIAS FERRI S.A.

IMATIA INNOVATION S.L.

Financiado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, e Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER), con cargo ao programa operativo FEDER 2014-2020 dentro do obxectivo principal da operación “Promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade”(O.T.1) contando con Fondos Estruturáis e de Investimento Europeos.

Data de inicio: 1 de Abril de 2018

Data de finalización: 30 de Setembro de 2020

Obxectivos do proxecto: O proxecto ten por obxectivo desenrolar un novo servizo de monitorización da calidade das augas (SEALAB) baseado no  desenrolo e integración dun laboratorio portátil a bordo dun vehículo de superficie non tripulado de fácil despregue. O laboratorio incorporará nova sensórica baseada no uso de Tecnoloxías Facilitadoras Esenciais (Lab-on-a-chip) para a determinación de sustancias prioritarias, medida de parámetros físico-químicos auxiliares e toma de mostra automatizada.

Para acadar este obxectivo xeral propóñense os seguintes obxectivos técnicos:

      • O1 .Avanzar nos procedementos de monitorización in-situ de sustancias prioritarias a través da implementación dun nanosensor para medir por lectura electroquímica concentracións de algunhas sustancias prioritarias en augas interior
      • Desenrolar un laboratorio portátil que integre sistema multisensor para medicións in situ de sustancias prioritarias e outros parámetros físico-químicos, así como un sistema de toma de mostras de auga para ser integrado en embarcacións non tripuladas (USV).
      • Optimizar o uso de embarcacións no tripuladas (USV) para a monitorización da calidade das augas costeiras e de transición, mellorando a propulsión, o posicionamento, as comunicacións e a navegación para dar resposta ás necesidades concretas do servizo e asegurar a representatividade das mostras.
      • Facilitar a empleabilidade do servizo ao usuario final a través da implementación de aplicacións software que faciliten a xestión das misións robotizadas e a visualización e interpretación dos datos recollidos.


  • 25 de setembro do 2019

    Os socios no proxecto Sealab continúan a desenvolver un prototipo dun innovador sistema para mellorar o control de calidade das augas, e así se deu a coñecer nunha xornada de difusión celebrada en Vigo o pasado 18 de febreiro de 2019. O proxecto Sealab está liderado pola empresa galega Indrops Laboratorio, xunto a Industrias Ferri, Imatia Innovation, e coa participación do INL e a Unidade de Tecnoloxías Mariñas do Cetmar. É unha iniciativa financiada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) mediante o programa Conecta Peme 2018.A investigación parte do obxectivo xeral de mellorar o servizo de análise das denominadas substancias prioritarias -clasificadas así segundo a Unión Europea porque supoñen un risco para o medio ambiente e a saúde humana- nas augas interiores, e os socios do proxecto Sealab avanzan xa no desenvolvemento, por unha banda, dun laboratorio cun innovador sistema de toma e xestión de mostras que incorpora nanosensores para catro destas substancias, ademais de medir outros parámetros auxiliares (osíxeno, temperatura, condutividade ou turbidez).O devandito laboratorio portátil de sustancias prioritarias, deseñado pola empresa Indrops Laboratorio xunto a INL (International Iberian Nanotechnology Laboratory), incorporarase a un vehículo mariño lixeiro non tripulado de doado despegue no que está a traballar a empresa Industrias Ferri coa colaboración da Unidade de Tecnoloxías Mariñas do Cetmar. A embarcación disporá dun dobre sistema de propulsión que contará cun motor foraborda para o traslado ata o punto de mostraxe e motores eléctricos que reduzan o risco de contaminación nas manobras na zona de control e que serán desenvolvidos por Cetmar.

    O sistema de funcionamento de todos os elementos integrados na embarcación, ademais das comunicacións e as teleoperacións, están sendo desenvolvidos pola empresa Imatia Innovation, que ademais é responsable do deseño dunha plataforma que xestionará toda a información relativa tanto ás mostras de auga como á navegación, remitíndoa en tempo real á base, que poderá actuar de forma temperá de acordo os datos transmitidos sobre a existencia de substancias prioritarias ou outros parámetros.

    Unha vez rematados todos estes traballos se validará o seu funcionamento en condicións reais. Segundo os prazos que barallan os responsables do proxecto Sealab, que comezou en 2018, as probas para comprobar o funcionamento do laboratorio portátil realizaranse en condicións reais no mar no verán de 2020, xunto a tempo para unha nova xornada de difusión que mostrará o funcionamento do dispositivo.

NOS VEMOS EN:

MEET US AT THE EXHIBITION:

RENCONTREZ-NOUS À L’EXPOSITION:

HALL 7 BOOTH Nº 7215

5 – 8 NOVEMBER 2019

ROTTERDAM