Guinchos e maquinillas

 

Coa adquisición de Talleres Carral en 2013, sumamos máis dun século de coñecemento tecnolóxico e desenvolvemento en guinchos e maquinillas.

 

 

Coa investigación e experiencia herdada, os nosos equipos están prontos para ofrecer solucións en condicións de traballo extremas, en calquera parte do mundo e certificadas por tódalas sociedades. Unha completa gama de máquinas feitas á medida para todo tipo de embarcacións: dende remolcadores de 400T de carga dinámica de tiro, a elementos de tiro para pesca, pasando por unidades electrohidráulicas, guinchos de amarre e fondeo, de tensión constante, molinetes, guinchos de tracción, guinchos de remolque e escolta, guías de pesca e solucións en aceiro inoxidable para mega-iates. Tamén suministramos accesorios coma HPU, convertidores de frecuencia, controis, mando remoto, etc. e por suposto, servotimóns. Longa vida, robustez e mínimo mantemento, as chaves dos nosos equipos.

 

                                                      

CONSOLAS DE CONTROL

FERRI Systems ofrece unha ampla e extensa gama de opcións de control:

– Neumático, hidráulico ou eléctrico con variador de frecuencia.
– Control remoto dende a ponte de mando ou en cuberta, integrados nos sistemas da bordo ou montados de xeito independente.
– PLC, joysticks, pedaleiras, botoneiras ou paneis conmutadores
– Controis dixitalizados, computarizados ou analóxicos.

UNIDADES HIDRÁULICAS DE POTENCIA (HPU)

FERRI Systems ofrece centrais hidráulicas de alta tecnoloxía para calquera tipo de equipo. O noso catálogo permite ao cliente escoller entre desplazamento fixo ou variable con regulación LS.

GUINCHOS PARA APLICACIÓNS ESPECIAIS

– Visualización do estado do guincho e configuración paramétrica do sistema.
– Sistemas indicadores analóxicos e dixitais para a tracción.
– Integración co control da rede de pesca para optimizar os parámetros de apertura da rede.
– Sistema de estibado mecánico ou motorizado.
– Medida da lonxitude, velocidade e forza do cable.
– Compensación de tracción (AHC).
– Compensación de olas (AWC).
– Sincronización multi-guincho.
– Manexo con persoas.
– Guinchos para thruster.
– Guinchos para temperaturas árticas e extremadamente baixas.
– ATEX.
– Tensión constante.

Tamén deseñamos e producimos para carga, minería, produtos para operar baixo a agua, ROV, bobinadores, plumas, estiba e carreteis.

GUINCHOS PARA DRAGAS

O experto equipo de Industrias FERRI – Talleres CARRAL acada un extenso mostrario de guinchos para novas dragas, particularmente remolque de funil de succión dende tamaños estándar a tamaños propios de mega buques. Guinchos de cabeza dragadora, intermedios, cabrestantes intermedios, de basculamento, de posicionamento e incluso guinchos de bombas subacuáticas forman parte dos suministros de equipos de Industrias FERRI – Talleres CARRAL para estes buques cada vez máis sofisticados. Industrias FERRI – Talleres CARRAL tamén pode entregar tódolos elementos precisos para o manexo dos guinchos.

GUINCHOS AUXILIARES

Para o seu uso a bordo en diferentes tipos de embarcacións, Industrias FERRI – Talleres CARRAL ofrece unha ampla gama de guinchos auxiliares. A robustez e fiabilidade dos guinchos auxiliares están garantidas, así coma unha longa vida operativa nas peores condicións. Os guinchos auxiliares Industrias FERRI – Talleres CARRAL ofrécense con control eléctrico ou hidráulico e con diferentes opcións en función dos clientes; velocidade, estibadores, etc. con control local ou remoto tanto por cable coma por radio.

MOLINETES

O catálogo de Industrias FERRI – Talleres CARRAL ofrece unha grande variedade de configuracións e tamaños, adecuados para manexar calquera tipo de áncora. Os estándares de calidade de Industrias FERRI – Talleres CARRAL inclúen a construcción en aceiro, piñóns endurecidos para condicións extremas de traballo, embragues, freos e tambores cuns índices de corrosión moi baixos. Todos os nosos molinetes poden entregarse cun control eléctrico ou hidráulico e poden ser modificados para afrontar aplicacións específicas e altos requerimentos.

MAQUINILLAS DE REMOLQUE

Especialmente deseñados tras anos de coñecemento acumulado en todo tipo de remolcadores, buques offshore, e PSV’s. Os guinchos de remolque Industrias FERRI – Talleres CARRAL ofrécense tanto hidráulicos coma eléctricos, con capacidades de tambor segundo os requisitos dos clientes. Sistemas de largado que aseguran alta velocidade en cable de lonxitudes extremas.

Deseñados polos enxeñeiros máis cualificados, Industrias FERRI – Talleres CARRAL asegura altas prestacións nas condicións de traballo máis duras. Tódolos guinchos de remolque pódense suministrar en configuracións de tambor único ou dobre, aliñados ou en alturas.

MAQUINILLAS DE ARRASTRE

As maquinillas de arrastre Industrias FERRI – Talleres CARRAL están dispoñibles en diferentes execucións e poden ser controlados eléctrica ou hidráulicamente. Completamente deseñados para aplicacións específicas coma arrastre de fondo, peláxico, parella, cerco, etc.

As maquinillas de arrastre de Industrias FERRI – Talleres CARRAL pódense construir en monobloque ou partidas, convencionais ou multi-tambor, con tambores en liña ou en alturas.

As maquinillas de arrastre de Industrias FERRI – Talleres CARRAL poden complementarse con todo tipo de guinchos auxiliares.

Solucións de tambores con mordaza ou de fricción, freos e embragues con control neumático ou hidráulico. Automatismo para sincronización de maquinillas.illas.

GUINCHOS DE AMARRE

Industrias FERRI – Talleres CARRAL ofrece guinchos de amarre deseñados á medida, optimizados por anos de experiencia e coñecementos orientados á satisfacción dos nosos clientes. O proceso de produción permite flexibilidade e eficiencia nas aplicacións dos nosos clientes, totalmente deseñadas e controladas por Industrias FERRI – Talleres CARRAL e completamente probadas antes da entrega.

Os guinchos de amarre de Industrias FERRI – Talleres CARRAL pódense entregar para ser accionados eléctrica ou hidráulicamente e con velocidade e tiro prácticamente ilimitados. Os freos e embragues están deseñados para traballar de forma simple e segura. Con accionamiento manual, neumático ou hidráulico, unha garantía de Industrias FERRI – Talleres CARRAL.

BUQUES DE INVESTIGACIÓN

Augas profundas, outros mares e climas extremos. Cunha ampla gama de guinchos para operacións en augas profundas así coma guinchos de alta tecnoloxía para manexo de cargas en condicións de mar moi severas.
O catálogo de Industrias FERRI – Talleres CARRAL ofrece guinchos umbilicais, para ROV, transpondedores, hidrográficos, sonar de barrido lateral, piston corer ou calquera sistema deseñado que se precise.

EMBARCACIÓNS OFFSHORE

A experiencia de Industrias FERRI – Talleres CARRAL coma líder mundial no suministro de solucións de enxeñaría e máquinas de alta calidade, completa un extenso catálogo de equipos para todo tipo de operacións. Industrias FERRI – Talleres CARRAL prové guinchos para remolque e manexo de áncoras de xeito fiable e de longo ciclo de vida, sistemas combinados de fondeo e remolque, manexo de cargas submarinas, guinchos de carga e calquera outro tipo de guincho de uso especial para operacións en buques offshore.

BUQUES SÍSMICOS

A manipulación de cargas para a exploración e produción en augas profundas precisa deseños especiais e baseados na experiencia. Industrias FERRI – Talleres CARRAL é un proveedor de sistemas de calidade a nivel mundial de guinchos para buques sísmicos e ofrece robustez, fiabilidade e facilidade de uso de streamer, OBC, e guinchos umbilicais.

SERVOTIMÓNS

Os servotimóns de Industrias FERRI – Talleres CARRAL foron suministrados aos armadores de buques de todo o mundo dende hai máis de 50 años. Cunha reputación de fiabilidade, resistencia, durabilidade e calidade, os servos de Industrias FERRI – Talleres CARRAL poden entregarse nunha versión hidráulica para buques de pequena eslora e electrohidráulicos para buques de grande eslora. Sistemas de simple e dobre efecto para timóns simples e partidos. Tódolos sistemas de goberno pódense entregar con numerosas opcións: arrancadores eléctricos, control, alarma e monitorización de sistemas, rodaduras de soporte superior do timón, e sistemas eléctricos indicadores de ángulo.

CABRESTANTES

Máis información
Control eléctrico ou hidráulico. Os cabrestantes poden incorporarse directamente na estrutura de cuberta.

MAQUINILLAS DE CERCO

Máis información
Control eléctrico ou hidráulico. Compoñentes fiables e robustos. Completo pack para operacións de control. Calquera tamaño de buque ou rede. Deseños moi eficientes. Tambores independentes, freos e embragues. Perfecto aduxado do cable. Máxima fiabilidade.

GUINCHO VARADOIRO

Máis información
Fiabilidade operativa. Elementos moi resistentes. Baixo mantemento. Control eléctrico ou hidráulico.

MEGA-IATES

Más información
Acabados en aceiro inoxidable puído. Integración en calquera deseño. Aplicacións baixo cuberta. Baixo nivel de ruido e vibración. Molinetes e cabrestantes. Deseño integrado e compacto.

NOS VEMOS EN:

MEET US AT THE EXHIBITION:

RENCONTREZ-NOUS À L’EXPOSITION:

ONTMOET ONS OP DE TENTOONSTELLING:

TREFFEN SIE UNS AUF DER MESSE:

STAND F67