Guindastres

Guindastres navais para unha ampla gama de aplicacións e condicións operativas. Máis de 200 buques están equipados actualmente con guindastres FERRI.

Guindastres navais para unha ampla gama de aplicacións e condicións operativas, dende unidades que requiren grande versatilidade ata unidades con funcións altamente específicas, cruciais para un traballo eficiente a bordo. Desenvolvemos guindastres acorde a calquera especificación, adaptándoos a calquera embarcación, uso ou condición de traballo e certificación. Presentamos un grande abano a través de tres categorías principais: articulados, telescópicos e guindastres fixos.

Posuímos un grande coñecemento adquirido no desenvolvemento de guindastres para condicións de traballo extremas e de estado do mar: uso combinado, manobras ROV, sumerxibles, balsas, persoal, seguridade no mar, atmosferas explosivas (ATEX), necesidades militares, etc.
Deseñados, fabricados e probados dacordo ás normas de numerosas sociedades de clasificación coma SNV, BV, LRS, GL, ABS, etc.

Eles xa confían en nós:

             

GUINDASTRE OFFSHORE

Discovery (Reino Unido)
Buque de exploración oceanográfica

FUNCIÓN: Guindastre articulado electrohidráulico para operacións ata 10m en contornas offshore. Manexo de contedores de ata 20T en porto e equipo para manobras.

CONTRIBUCIÓN: Equipo deseñado para operacións en condicións offshore con equipos de investigación oceanográfica de alta sensibilidade, de precisión. Profundidades de 500m.

OUTROS EQUIPOS FERRI INSTALADOS: Pluma do guindastre, guindastres monorraíl e cabeza estabilizadora para manexo en ROV.

GUINDASTRES A BORDO E OFFSHORE

Bylgia & Kolga (Países Baixos)
Embarcacións para o movemento de áncoras

FUNCIÓN: Guindastre electrohidráulico articulado a bordo. Unidade deseñada para o manexo de cargas en porto.

CONTRIBUCIÓN: Optimización do ratio de traballo carga/peso e simplificación do mantemento dos equipos para acadar unha maior fiabilidade. Certificado tipo 3.2 por LRS Lifting Appliance Code.

OUTROS EQUIPOS FERRI INSTALADOS: Pluma de guindastre e controladora hidráulica.

GUINDASTRE OFFSHORE

Portaaeronaves (Australia)

FUNCIÓN: Guindastre electro hidráulico para operacións offshore. Guindastre para manexo de contedores en porto e para recuperación de helicópteros.

CONTRIBUCIÓN: Equipo especialmente deseñado para a recuperación de helicópteros de ata 12T na agua. Estrutura e carena invisibles para radares. Certificado AL(N) por LRS Lifting Appliance Code.

OUTROS EQUIPOS FERRI INSTALADOS: Guindastres para provisións, pescantes e escada con peche lateral.

GUINDASTRE SOLAS OFFSHORE

Sima. Navy (Perú)
Buque escola

FUNCIÓN: Guindastre electrohidráulico para manexo de provisións e botes de rescate en condicións offshore.

CONTRIBUCIÓN: Integración nun buque de vela tanto en dimensións coma en liña estética e materiais.

GRÚA OFFSHORE

Portaaeronaves (Australia)

FUNCIÓN: Deseñado, fabricado e probado de acordo aos estándares da OTAN.

CONTRIBUCIÓN: Material altamente elástico da pluma para minimizar o peso e a xeometría. Especialmente adaptado para o manexo de helicópteros.

GUINDASTRE ENCARTABLE

DCNS (Francia)
Fragata

Máis información

FUNCIÓN: Guindastre electrohidráulico, encartable e transportable. Manexo de provisións e pranchada.

CONTRIBUCIÓN: Guindastre transportable en carretilla elevadora para dar servizo nunha cuberta a helicópteros. Montaxe e desmontaxe en menos de 15 minutos e almacenamento no propio barco. Certificada por Bureau Veritas A.L.P. “Normas para a clasificación e certificación de aparatos de elevación de buques e unidades offshore”.

GUINDASTRES SOLAS OFFSHORE

Buque de apoio (Dinamarca)

FUNCIÓN: Guindastre fixo electrohidráulico para condicións offshore. Guindastre para manexo de contedores e recuperación de helicópteros.

CONTRIBUCIÓN: Equipo especialmente deseñado para a recuperación de helicópteros de ata 12T na agua. Estrutura e carenado invisibles ao radar. Certificado AL(N) por LRS Lifting Appliance Code.

OUTROS EQUIPOS FERRI INSTALADOS: Guindastre para provisións, pescantes e escada con peche lateral.

GUINDASTRES PARA TERMINAIS DE GAS, GNL OU REGASIFICACIÓN

España, Italia, China

FUNCIÓN: Guindastre electrohidráulica para a extracción de bombas de gas natural e provisións.

CONTRIBUCIÓN: Equipo especializado para o mantemento das bombas nos tanques de gas natural. O guindastre foi deseñado para soportar fortes ventos e actividade sísmica. Marcado CE. Resistente a atmosferas explosivas.

Industrias Ferri permanecerá cerrada el día 24 de junio

Industrias Ferri will be closed on June 24th

Industrias Ferri sera fermé le 24 juin.

Industrias Ferri is op 24 juni gesloten