Servizos

 

Non é tarefa sinxela dar servizo nalgunhas condicións extremas, tanto no climatolóxico coma no político. Pero facémolo.

 

Tan importante coma un bo produto é o seu mantemento. Isto debe considerarse dende a primeira concepción do deseño, tendo en conta a capacidade do persoal que vai operar e manter o equipo e empregando os compoñentes máis fiables que poidan estar dispoñibles en calquera lugar. Xunto a isto, prestamos servizo e soporte antes, durante e despois da entrega as 24 horas os 365 días do ano, en calquera recuncho do mundo. Temos un equipo técnico presto e listo para navegar en calquera momento.

Especializámonos no desenvolvemento de maquinaria e equipos para solucionar as necesidades específicas dos nosos clientes. Entendemos que o éxito nisto require un servizo técnico do mesmo calibre. Con persoal preparado, cualificado e experto. Esta é a máxima para o éxito de calquera equipo, e sabemos que iso implica a satisfacción dos nosos clientes.

%

Éxito

Horas

Días

 

PROBAS DE CALIDADE

Temos persoal altamente preparado e cualificado en tódolos requisitos precisos para a calificación e certificación e fomos aprobados por numerosas e prestixiosas compañías e institucións. Podemos desenvolver plans de inspección para calquera certificación, incluso con, entre outros, servizos de enxeñaría, redacción de manuais, protocolos de probas e cursos de capacitación.

Os altos niveis de formación e o compromiso do noso servizo técnico leváronnos a facer o traballo de moitos outros equipos a petición dos nosos clientes. Esta experiencia outorgounos moito dinamismo á nosa visión sobre o mantemento, o servizo técnico e o traballo de inspección en moitos tipos de tecnoloxía e maquinaria, cun vencello especial coa a elevación, a perforación e os sistemas hidráulicos. Isto faise especialmente notorio ao respecto da circular MSC. 1 Circ. 1206 en cualquera pescante, barco ou gancho. Co tempo, a experiencia e o crecemento foron a nosa fonte de traballo.

FERRI Service - Talleres CARRAL- FERRI Systems (DIN)

 

 

 

 

 

 

Industrias FERRI, S.A.

(Dinamarca)
Phone +34 986 468 201

services@ferri-sa.es

 

FERRI Service - Talleres CARRAL- FERRI Systems (CRO)

 

Industrias FERRI, S.A.

(Croacia)
Phone +34 986 468 201

services@ferri-sa.es

 

OMEGA SRL (ITA)

 

 

 

OMEGA SRL

Via Saloni, 59, Venecia (Italia)
Phone +39 041/401029

technical@omegachioggia.it

 

BRIN MAR ENGINEERING S.R.L. (ITA)

BAKER & PROVAN (AUS)

9-11 Power St, St Marys NSW 2760 (Australia)
Phone +61 2 8801 9090

info@bakerprovan.com.au

Taller autorizado

 

 

B.V. TECHNISCH BUREAU UITTENBOGAART (BEL)

T.B.U.

Innsbruckweg 43, 3047 AG Rotterdam

Phone +31 88 368 00 00

info@tbu.nl

 

B.V. TECHNISCH BUREAU UITTENBOGAART (NED)

T.B.U.

Innsbruckweg 43, 3047 AG Rotterdam

Phone +31 88 368 00 00

info@tbu.nl

 

 

 

FERRI Service - Talleres CARRAL- FERRI Systems (RUS)

 

 

Industrias FERRI, S.A.

(Rusia)
Phone +34 986 468 201

services@ferri-sa.es

 

FERRI Service - Talleres CARRAL- FERRI Systems (IND)

Industrias FERRI, S.A.

(India)
Phone +34 986 468 201

services@ferri-sa.es

REPMARINE - Engenharia, Equipamentos e Serviços Ltda. (BRA)

REPMARINE

Rua Delegado Waldir Guilherme 27, Illa Conceição (Brasil)
Phone +55 21 2622347 / +55 21 999840023

contato@repmarine.com.br

FERMACA (MEX)

 

FERMACA

Vito Alessio Robles 130, Álvaro Obregón, 01030 Álvaro Obregón (México D.F.)
Phone +52 55 5148 6700

letstalk@fermaca.com.mx

 

ASHDOD RAFT SERVICE STATION LTD (ISR)

 

ASHDOD RAFT SERVICE STATION LTD.

(Israel)

info@arss.co.il

 

FERRI Service - Talleres CARRAL- FERRI Systems (ESP)

Industrias FERRI, S.A.

Pasaxe, 81, 36316 Gondomar, Pontevedra, (España)

Phone +34 986 468 201

services@ferri-sa.es

ATP Trading OY (FIN)

ATP – Trading OY

Phone +358 9 3250 055

Nils Iso-Markku <nils.iso-markku@atp-trading.fi>

http://atp-trading.fi/

UNI-ONE OCEAN TECHNOLOGY LTD (TAIWAN)

UNI-ONE OCEAN TECHNOLOGY LTD

Phone +886-7-3430216

Shireen Wei <shireen@uni-one.com.tw>

http://www.uni-one.com.tw/

FAIRBANKS MORSE DEFENSE (USA)

https://www.fairbanksmorsedefense.com/

Contact Details:

Mr. Martin Macias, II
Martin.Macias@fmdefense.com
Phone +1504-875-7545

701 White Ave.
Beloit, WI 53511

FRIZONIA COLOMBIA

FRIZONIA COLOMBIA

Tv. 53 #22a-96, Bosquesito, Cartagena de Indias,
Provincia de Cartagena,
Bolívar

Phone +57 3235833008

REPARACIÓN E MANTEMENTO

As reparacións sempre foron unha parte importante do negocio de FERRI e, grazas á nosa experiencia acumulada, fomos quen de ofrecer solucións de novos deseños, sempre co obxectivo de mellorar os nosos equipos e as súas funcionalidades.

As reparacións sempre se desenvolven conforme ás análises máis exhaustivas do estado previo dos equipos por parte do noso cualificado equipo, empregando sempre o instrumental de medida axeitado, calibrado e certificado a fin de garantir un traballo profesional.

A lexislación é continuamente obxecto de trocos na procura da seguridade, e por tanto os nosos clientes vénse na necesidade de mudar os seus equipos a miúdo. Grazas á nosa ampla experiencia e coñecemento en normativa e deseño, en FERRI somos quen de proporcionar un apoio esencial en reparacións e servizo.

Unha rede mundial de asistencia técnica sempre presta para intervir onde queira que estea o su equipo.

En FERRI dispomos dun departamento de enxeñaría ben equipado que coopera estreitamente co noso equipo de servizo para pover aos nosos clientes as mellores solucións, melloras e novos desenvolvementos en tódolos tipos de maquinaria. Todo isto está sostido por un grupo de experimentados enxeñeiros que xestionan o estado da arte das ferramentas que permiten executar deseños mecánicos, hidráulicos e eléctricos, así coma o cálculo de tensións do material, o cal ten sido vital para determinar as causas da rotura ou a deformación, tanto nos equipos FERRI coma nos doutros fabricantes, que nos axudan a atopar a mellor solución.

INVESTIGACIÓN E DESENVOLVEMENTO

Unha parte salientable dos recursos de FERRI diríxense á investigación, sendo esta unha característica inherente da nosa empresa dende a súa fundación. Amais, un aspecto importante da nosa actividade é o que se orienta cara evolución posterior dos equipos que xa teñen un alto desenvolvemento tecnolóxico.

Vexa tódolos nosos proxectos de I+D+I