Equipos para manexo de cargas e defensas

Desenvolvemos equipos feitos á medida para calquera aplicación ou requerimento.

Suministramos unha ampla gama de pescantes para todos os usos posibles: provisións, defensas, escadas reais, torpedos, pranchadas, etc. Desenvolvemos equipos á medida para calquera aplicación ou requisito.
En FERRI somos especialistas en aplicar solucións para o uso nas condicións meteorolóxicas máis extremas e de traballo na mar: compensación de ola, tensión constante, amortecedores de choque, tensionadores, proteccións de carga, manobras de emerxencia, alta velocidade, atmosferas explosivas (ATEX), etc.
Cumprimos con todos os estándares e normas internacionais. Máis de 100 buques en todo o mundo empregan con éxito pescantes FERRI.

Eles xa confían en nós:

                     

PESCANTES BASCULANTES PARA DEFENSA

Chevron (Bahamas)
Petroleiro

FUNCIÓN: 4 pares de pescantes basculantes. Posta a flote e recuperación para defensas de embarcacións para abarloamento de buques en condicións offshore.

CONTRIBUCIÓN: Unidade SWL 14T, apta para o seu uso en atmosferas explosivas, clasificada segundo ABS e as especificacións 2C de Lifting Appliances. Sistema de compensación de olas, cuxo obxectivo é evitar que se produzcan tiróns no cable que poidan danalo. Sistema devanador para largado do cable en banda e manobra neumática de emerxencia.

OUTROS EQUIPOS FERRI INSTALADOS:
HPU baixo cuberta e cabinas de control (1 para cada par de pescantes).

GUINDASTRE MONORRAIL PARA MANEXO DE CARGAS

Geowave Champion
Buque sísmico

FUNCIÓN: Manobras en popa de buque sísmico.

CONTRIBUCIÓN: Unidade SWL 3T especialmente deseñada para a realización de manobras.

PESCANTES BASCULANTES PARA DEFENSAS

AKER Solutions (Italia)
Regasificadora

FUNCIÓN: 4 pares de pescantes basculantes para posta a flote e recuperación de defensas dende unha plataforma de regasificación offshore con espeques no fondo mariño.

CONTRIBUCIÓN: Unidades SWL 15T aptas para uso en atmosferas explosivas, con manobra neumática de emerxencia.

OUTROS EQUIPOS FERRI INSTALADOS: HPU ATEX e cabinas de control (1 para cada 2 pares de pescantes).

GUINDASTRE MONORRAÍL PARA MANEXO DE CARGAS EN HANGAR

Discovery (Reino Unido)
Buque oceanográfico

FUNCIÓN: Manexo de cargas dende cuberta ata hangar.

CONTRIBUCIÓN: Grupo de 4 guindastres
monorraíl para movemento de cargas comunicando 2 cubertas e 3 hangares. Un dos guindastres monorraíl está provista dun calón coa característica especial de minimizar o espazo en altura.

OUTROS EQUIPOS FERRI INSTALADOS: Sistema de movemento de contedores. 2 guindastres articulados para uso en cuberta e offshore.

PESCANTES RADIAIS PARA DEFENSAS

Petrobras (Islas Marshall)
Plataforma Cairu

FUNCIÓN: Equipo de posta a flote e recuperación de defensas dende plataforma produtora offshore sita en augas profundas.

CONTRIBUCIÓN: Traballar en atmosferas explosivas cun motor neumático portátil para o seu uso en cada un dos pescantes.

PESCANTES RADIAIS PARA DEFENSAS

Samsung Heavy Industries (Bahamas)
Petroleiro

FUNCIÓN: Posta ao costado e recuperación de defensas para manobras de aproximación e afastamento en condicións offshore.

CONTRIBUCIÓN: SWL 3T. Atmosferas explosivas. Clasificada segundo ABS e as especificacións de API 2C Lifting Appliances. Pescantes de acción hidráulica e neumática para emerxencias.