FERRI ofrece unha gama completa de sistemas de pescantes para rescate orientados a botes salvavidas, balsas, botes de rescate e botes de rescate rápido. Tódolos sistemas cumplen coas normas e regulacións internacionais de SOLAS. Amais, o noso equipo técnico pode adaptar os requisitos a calquera embarcación, espazo, clima, xeo ou calquera outra condición de traballo. Unidades fabricadas coa máis alta calidade ao mesmo tempo que se minimizan os costes operativos e de mantemento. Ofrecemos inspección e servizos de mantemento en consonancia coa MSC.1. Circ.1206 para pescantes, botes e ganchos de salvamento en calquera parte do mundo. Máis de 150 buques en todo o mundo empregan sistemas de salvamento FERRI.
Eles xa confían en nós:
PESCANTES PARA BOTES DE RESCATE
Luz de mar (España)
Buque de operacións de rescate
FUNCIÓN: Pescante basculante para botes de rescate.
CONTRIBUCIÓN: Deseñado para o seu uso en condicións de mar axitado, minimizando os tempo de operación. Con certificado MED polo GL.
OUTROS EQUIPOS FERRI INSTALADOS: Escada real de 8.5m.
PESCANTE PARA EQUIPO DE RESCATE RÁPIDO
Superfast Galicia (España)
Ferry
FUNCIÓN: Pescante basculante para botes de rescate rápido.
CONTRIBUCIÓN: Certificado MED para buques de pasaxe de transbordo rodado.
OUTROS EQUIPOS FERRI INSTALADOS: Pescante radial para botes de rescate. Pescante radial para balsas salvavidas e de provisións.