ANUALIDADE 2021

DESENVOLVEMENTO DUN CONCEPTO DE EMBARCACIÓN MODULAR MULTIFUNCIONAL BASEADA EN ESTRUTURAS LIXEIRAS E PROCESOS DE FABRICACIÓN FLEXIBLES
(IN852A 2018/79)
O principal obxectivo do proxecto MODULIGHT foi o desenvolvemento de barcazas modulares, multipropósito e lixeiras, mediante a introdución de estruturas multimaterial baseadas na combinación de aceiro e composite para obter embarcacións versátiles e personalizables que permitan un doado intercambio de módulos, posibilitando así transportar diferentes cantidades e tipos de carga, sen a necesidade de dispoñer dunha frota de barcazas de diferente tipo, ou de acudir ao estaleiro para reformar cada barcaza adaptándoa ao novo tipo de carga que se vai transportar.
A necesidade de iniciativas como MODULIGHT baséase no interese do sector naval en resolver algunhas das particularidades que limitan o seu crecemento e rendibilidade, tanto a nivel global como en Galicia en particular, como son os seus modelos produtivos por proxectos, claramente diferenciados da fabricación en masa ou en serie doutros sectores. Así, os barcos deséñanse e constrúense actualmente a partir de proxectos únicos, o que se traduce nunha considerable ineficiencia produtiva, non só en fases tediosas como pode ser a aprobación de novos deseños por parte de Sociedades de Clasificación, senón nun sen fin de etapas como a elaboración do propio deseño, programación de secuencias de fabricación, deseño de utillaxes ou homologación de procedementos de soldadura. Todas elas acaban producindo sobrecustos considerables, que limitan a rendibilidade dos actores implicados.
Con base nisto, MODULIGHT perseguiu un cambio de paradigma na fabricación e o deseño de barcos, de forma que permita maximizar a eficiencia de series curtas de produción e flexibilice o proceso de fabricación naval no seu conxunto. Para iso, perseguiu un modelo produtivo baseado na combinación dos conceptos de modularización e estandarización, apoiándose no desenvolvemento de tecnoloxías de unión e procesos de fabricación avanzados, como tecnoloxías habilitadoras esenciais. A maiores, formulouse a introdución de estruturas multimaterial (aceiro-composite) en rexións estratéxicas da embarcación que permitan alixeirar a estrutura, con claras repercusións medioambientais, estruturais e loxísticas. Isto permitirá, en definitiva, un aforro de custos de fabricación e de custos incorridos polos armadores, reducindo, ademais, o consumo enerxético.
Na cuarta e última anualidade 2021 do proxecto:
– Finalizouse o proceso de fabricación dos demostradores (módulos de barcaza).
– Desenvolvéronse os cálculos necesarios para definir a estratexia de validación mediante a aplicación de cargas sobre os demostradores.
– Procedeuse á análise virtual e ao ensaio físico dos demostradores nas instalacións de CARDAMA.
– Finalizouse o deseño definitivo da embarcación modular e desenvolvéronse as últimas actualizacións da enxeñaría de detalle, con base na información obtida na fase de validación.
– Con base nas actividades de fabricación e validación dos demostradores, consensuáronse directrices co obxectivo de facilitar o deseño e a fabricación de embarcacións modulares multifuncionais, mediante a incorporación de novas solucións multimaterial e tecnoloxías de unión.
CONSORCIO MODULIGHT
O consorcio MODULIGHT abrangue toda a cadea de valor que intervén no desenvolvemento de embarcacións modulares multifuncionais e lixeiras, e conta con empresas de contrastada experiencia e know-how en cada un dos aspectos técnicos formulados:

ASTILLEROS FRANCISCOCARDAMA, que como estaleiro, e líder do consorcio, definiu o caso de estudo baseado no desenvolvemento dunha embarcación fluvial multipropósito.
INSENAVAL, enxeñaría que se encargou do desenvolvemento do cálculo e o deseño da embarcación, abranguendo desde o deseño conceptual ata a enxeñaría de detalle.
GALVENTUS SERVICIOS EÓLICOS, que desenvolveu tecnoloxías habilitadoras de fabricación modular, incluíndo conceptos de fabricación multimaterial aceiro-composite.
INDUSTRIASFERRI, que se encargou do desenvolvemento de tecnoloxías de unión non convencional, que van desde as unións intra e intermodulares ata as unións con compoñentes de cuberta.
O consorcio contou coa participación do Centro Tecnolóxico AIMEN, entidade cunha considerable traxectoria no desenvolvemento de multimateriais e tecnoloxías de unión e, á súa vez, gran coñecedora do sector naval.
FINANCIAMENTO DO PROXECTO
Este proxecto MODULIGHT, enmarcado no programa CONECTAPEME 2018, está financiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria e está cofinanciado con cargo a Fondos FEDER no marco do eixe 1 do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

ANUALIDADE 2020

DESENVOLVEMENTO DUN CONCEPTO DE EMBARCACIÓN MODULAR MULTIFUNCIONAL BASEADA EN ESTRUTURAS LIXEIRAS E PROCESOS DE FABRICACIÓN FLEXIBLES
(IN852A 2018/79)
O principal obxectivo do proxecto MODULIGHT é o desenvolvemento de barcazas modulares, multipropósito e lixeiras, mediante a introdución de estruturas multimaterial baseadas na combinación de aceiro e composite para obter embarcacións versátiles e personalizables que permitan un doado intercambio de módulos, posibilitando así transportar diferentes cantidades e tipos de carga, sen a necesidade de dispoñer dunha frota de barcazas de diferente tipo, ou de acudir ao estaleiro para reformar cada barcaza adaptándoa ao novo tipo de carga que se vai transportar.
A necesidade de iniciativas como MODULIGHT baséase no interese do sector naval en resolver algunhas das particularidades que limitan o seu crecemento e rendibilidade, tanto a nivel global como en Galicia en particular, como son os seus modelos produtivos por proxectos, claramente diferenciados da fabricación en masa ou en serie doutros sectores. Así, os barcos deséñanse e constrúense actualmente a partir de proxectos únicos, o que se traduce nunha considerable ineficiencia produtiva, non só en fases tediosas como pode ser a aprobación de novos deseños por parte de Sociedades de Clasificación, senón nun sen fin de etapas como a elaboración do propio deseño, programación de secuencias de fabricación, deseño de utillaxes ou homologación de procedementos de soldadura. Todas elas acaban producindo sobrecustos considerables, que limitan a rendibilidade dos actores implicados.
Con base nisto, MODULIGHT persegue un cambio de paradigma na fabricación e o deseño de barcos que permita maximizar a eficiencia de series curtas de produción e flexibilice o proceso de fabricación naval no seu conxunto. Para iso, persegue un modelo produtivo baseado na combinación dos conceptos de modularización e estandarización, apoiándose no desenvolvemento de tecnoloxías de unión e procesos de fabricación avanzados, como tecnoloxías habilitadoras esenciais. A maiores, formula a introdución de estruturas multimaterial (aceiro-composite) en rexións estratéxicas da embarcación que permitan alixeirar a estrutura, con claras repercusións medioambientais, estruturais e loxísticas. Isto permitirá, en definitiva, un aforro de custos de fabricación e de custos incorridos polos armadores, reducindo, ademais, o consumo enerxético.
Na terceira anualidade 2020 do proxecto:
– Finalizáronse as actividades de refinamento e optimización do deseño da embarcación modular.
– Dentro das estratexias de fabricación multimaterial, e como continuación das actividades executadas en 2019, este ano centráronse os traballos no escalado das solucións, como paso intermedio de preparación do consorcio previo á fabricación dos demostradores.
– Fabricáronse as diferentes unións tanto intermodulares como intramodulares, e procedeuse ao seu proceso de validación de forma previa á súa montaxe nos demostradores.
– Efectuouse o deseño dos demostradores (módulos de barcaza) e avanzouse en gran medida no seu proceso de fabricación.
– Por último, en paralelo á fabricación dos demostradores, avanzouse en gran medida no deseño definitivo da embarcación modular e nas actividades de enxeñaría de detalle.
CONSORCIO MODULIGHT
O consorcio MODULIGHT abrangue toda a cadea de valor que intervén no desenvolvemento de embarcacións modulares multifuncionais e lixeiras, e conta con empresas de contrastada experiencia e know-how en cada un dos aspectos técnicos formulados:

ASTILLEROS FRANCISCOCARDAMA, que como estaleiro, e líder do consorcio, definiu o caso de estudo baseado no desenvolvemento dunha embarcación fluvial multipropósito.
INSENAVAL, enxeñaría que se está a encargar do desenvolvemento do cálculo e o deseño da embarcación, abranguendo desde o deseño conceptual ata a enxeñaría de detalle.
GALVENTUS SERVICIOS EÓLICOS, que está a desenvolver tecnoloxías habilitadoras de fabricación modular, incluíndo conceptos de fabricación multimaterial aceiro-composite.
INDUSTRIASFERRI, que se está a encargar do desenvolvemento de tecnoloxías de unión non convencional, que van desde as unións intra e intermodulares ata as unións con compoñentes de cuberta.
O consorcio conta coa participación do Centro Tecnolóxico AIMEN, entidade cunha considerable traxectoria no desenvolvemento de multimateriais e tecnoloxías de unión e, á súa vez, gran coñecedora do sector naval.
FINANCIAMENTO DO PROXECTO
Este proxecto MODULIGHT, enmarcado no programa CONECTAPEME 2018, está financiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria e está cofinanciado con cargo a Fondos FEDER no marco do eixe 1 do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

ANUALIDADE 2019

DESENVOLVEMENTO DUN CONCEPTO DE EMBARCACIÓN MODULAR MULTIFUNCIONAL BASEADA EN ESTRUTURAS LIXEIRAS E PROCESOS DE FABRICACIÓN FLEXIBLES
(IN852A 2018/79)
O principal obxectivo do proxecto MODULIGHT é o desenvolvemento de barcazas modulares, multipropósito e lixeiras, mediante a introdución de estruturas multimaterial baseadas na combinación de aceiro e composite para obter embarcacións versátiles e personalizables que permitan un doado intercambio de módulos, posibilitando así transportar diferentes cantidades e tipos de carga, sen a necesidade de dispoñer dunha frota de barcazas de diferente tipo, ou de acudir ao estaleiro para reformar cada barcaza adaptándoa ao novo tipo de carga que se vai transportar.
A necesidade de iniciativas como MODULIGHT baséase no interese do sector naval en resolver algunhas das particularidades que limitan o seu crecemento e rendibilidade, tanto a nivel global como en Galicia en particular, como son os seus modelos produtivos por proxectos, claramente diferenciados da fabricación en masa ou en serie doutros sectores. Así, os barcos deséñanse e constrúense actualmente a partir de proxectos únicos, o que se traduce nunha considerable ineficiencia produtiva, non só en fases tediosas como pode ser a aprobación de novos deseños por parte de Sociedades de Clasificación, senón nun sen fin de etapas como a elaboración do propio deseño, programación de secuencias de fabricación, deseño de utillaxes ou homologación de procedementos de soldadura. Todas elas acaban producindo sobrecustos considerables, que limitan a rendibilidade dos actores implicados.
Con base nisto, MODULIGHT persegue un cambio de paradigma na fabricación e o deseño de barcos que permita maximizar a eficiencia de series curtas de produción e flexibilice o proceso de fabricación naval no seu conxunto. Para iso, persegue un modelo produtivo baseado na combinación dos conceptos de modularización e estandarización, apoiándose no desenvolvemento de tecnoloxías de unión e procesos de fabricación avanzados, como tecnoloxías habilitadoras esenciais. A maiores, formula a introdución de estruturas multimaterial (aceiro-composite) en rexións estratéxicas da embarcación que permitan alixeirar a estrutura, con claras repercusións medioambientais, estruturais e loxísticas. Isto permitirá, en definitiva, un aforro de custos de fabricación e de custos incorridos polos armadores, reducindo, ademais, o consumo enerxético.
A modo de resumo, os obxectivos formulados acadaranse mediante o desenvolvemento dos seguintes fitos tecnolóxicos e sectoriais:
- Desenvolvemento de novas estratexias de produción na construción naval, para construír embarcacións moi eficientes no seu uso a un custo optimizado.
- Avanzar en novos conceptos de buques, incluíndo os conceptos de modularidade e multifuncionalidade.
- Avanzar na innovación marítima para deseñar e construír embarcacións de alto valor engadido con custos de ciclo de vida optimizados e menor impacto medioambiental.
- Implementar tarefas de fabricación e ensaio de demostradores que permitan validar diferentes aspectos do deseño, escalar as solucións desenvolvidas e facilitar a análise por parte de Sociedades de Clasificación ou potenciais armadores.
- Contribuír á cultura innovadora da industria naval galega e da correspondente cadea de subministración.
- Contribuír á mellora da competitividade global e prepararse para a evolución do mercado prevista no transporte fluvial.
CONSORCIO MODULIGHT
O consorcio MODULIGHT abrangue toda a cadea de valor que intervén no desenvolvemento de embarcacións modulares multifuncionais e lixeiras, e conta con empresas de contrastada experiencia e know-how en cada un dos aspectos técnicos formulados:

CARDAMA SHIPYARD, que como estaleiro, e líder do consorcio, definiu o caso de estudo baseado no desenvolvemento dunha embarcación fluvial multipropósito.
INSENAVAL, enxeñaría que se está a encargar do desenvolvemento do cálculo e o deseño da embarcación, abranguendo desde o deseño conceptual ata a enxeñaría de detalle.
GALVENTUS SERVICIOS EÓLICOS, que está a desenvolver tecnoloxías habilitadoras de fabricación modular, incluíndo conceptos de fabricación multimaterial aceiro-composite.
INDUSTRIASFERRI, que se está a encargar do desenvolvemento de tecnoloxías de unión non convencional, que van desde as unións intra e intermodulares ata as unións con compoñentes de cuberta.
O consorcio conta coa participación do centro tecnolóxico** AIMEN**, entidade cunha considerable traxectoria no desenvolvemento de multimateriais e tecnoloxías de unión e, á súa vez, gran coñecedora do sector naval.
Nesta segunda anualidade 2019 incidiuse en gran medida naquelas actividades relacionadas co deseño da embarcación modular e o seu refinamento, ata acadar un elevado grao de definición. Por outra banda, exploráronse e desenvolvéronse diferentes estratexias de fabricación. Isto implica tanto o axuste da xanela de proceso como a caracterización das propiedades das devanditas estruturas multimaterial. Por último, cómpre sinalar o labor efectuado na definición e o deseño das diferentes unións tanto intermodulares como intramodulares. Isto implicou tanto a realización de ensaios físicos como cálculos mediante ferramentas FEM.
**FINANCIAMENTO DO PROXECTO **Este proxecto MODULIGHT, enmarcado no programa CONECTAPEME 2018, está financiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria e está cofinanciado con cargo a Fondos FEDER no marco do eixe 1 do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

ANUALIDADE 2018

DESENVOLVEMENTO DUN CONCEPTO DE EMBARCACIÓN MODULAR MULTIFUNCIONAL BASEADA EN ESTRUTURAS LIXEIRAS E PROCESOS DE FABRICACIÓN FLEXIBLES
(IN852A 2018/79)
O principal obxectivo do proxecto MODULIGHT é o desenvolvemento de barcazas modulares, multipropósito e lixeiras, mediante a introdución de estruturas multimaterial baseadas na combinación de aceiro e composite para obter embarcacións versátiles e personalizables que permitan un doado intercambio de módulos, posibilitando así transportar diferentes cantidades e tipos de carga, sen a necesidade de dispoñer dunha frota de barcazas de diferente tipo, ou de acudir ao estaleiro para reformar cada barcaza adaptándoa ao novo tipo de carga que se vai transportar.
A necesidade de iniciativas como MODULIGHT baséase no interese do sector naval en resolver algunhas das particularidades que limitan o seu crecemento e rendibilidade, tanto a nivel global como en Galicia en particular, como son os seus modelos produtivos por proxectos, claramente diferenciados da fabricación en masa ou en serie doutros sectores. Así, os barcos deséñanse e constrúense actualmente a partir de proxectos únicos, o que se traduce nunha considerable ineficiencia produtiva, non só en fases tediosas como pode ser a aprobación de novos deseños por parte de Sociedades de Clasificación, senón nun sen fin de etapas como a elaboración do propio deseño, programación de secuencias de fabricación, deseño de utillaxes ou homologación de procedementos de soldadura. Todas elas acaban producindo sobrecustos considerables, que limitan a rendibilidade dos actores implicados.
Con base nisto, MODULIGHT persegue un cambio de paradigma na fabricación e o deseño de barcos que permita maximizar a eficiencia de series curtas de produción e flexibilice o proceso de fabricación naval no seu conxunto. Para iso, persegue un modelo produtivo baseado na combinación dos conceptos de modularización e estandarización, apoiándose no desenvolvemento de tecnoloxías de unión e procesos de fabricación avanzados, como tecnoloxías habilitadoras esenciais. A maiores, formula a introdución de estruturas multimaterial (aceiro-composite) en rexións estratéxicas da embarcación que permitan alixeirar a estrutura, con claras repercusións medioambientais, estruturais e loxísticas. Isto permitirá, en definitiva, un aforro de custos de fabricación e de custos incorridos polos armadores, reducindo, ademais, o consumo enerxético.
A modo de resumo, os obxectivos formulados acadaranse mediante o desenvolvemento dos seguintes fitos tecnolóxicos e sectoriais:
- Desenvolvemento de novas estratexias de produción na construción naval, para construír embarcacións moi eficientes no seu uso a un custo optimizado.
- Avanzar en novos conceptos de buques, incluíndo os conceptos de modularidade e multifuncionalidade.
- Avanzar na innovación marítima para deseñar e construír embarcacións de alto valor engadido con custos de ciclo de vida optimizados e menor impacto medioambiental.
- Implementar tarefas de fabricación e ensaio de demostradores que permitan validar diferentes aspectos do deseño, escalar as solucións desenvolvidas e facilitar a análise por parte de Sociedades de Clasificación ou potenciais armadores.
- Contribuír á cultura innovadora da industria naval galega e da correspondente cadea de subministración.
- Contribuír á mellora da competitividade global e prepararse para a evolución do mercado prevista no transporte fluvial.
CONSORCIO MODULIGHT
O consorcio MODULIGHT abrangue toda a cadea de valor que intervén no desenvolvemento de embarcacións modulares multifuncionais e lixeiras, e conta con empresas de contrastada experiencia e know-how en cada un dos aspectos técnicos formulados:

ASTILLEROS FRANCISCOCARDAMA, que como estaleiro, e líder do consorcio, definirá o caso de estudo baseado no desenvolvemento dunha embarcación fluvial multipropósito.
INSENAVAL, enxeñaría que desenvolverá o cálculo e o deseño da embarcación, abranguendo desde o deseño conceptual ata a enxeñaría de detalle.
GALVENTUS SERVICIOS EÓLICOS, desenvolverá tecnoloxías habilitadoras de fabricación modular, incluíndo conceptos de fabricación multimaterial aceiro-composite.
INDUSTRIASFERRI, que se encargará do desenvolvemento de tecnoloxías de unión non convencional, que van desde as unións intra e intermodulares ata as unións con compoñentes de cuberta.
O consorcio contará coa participación do centro tecnolóxico** AIMEN**, entidade cunha considerable traxectoria no desenvolvemento de multimateriais e tecnoloxías de unión e, á súa vez, gran coñecedora do sector naval.
**FINANCIAMENTO DO PROXECTO **