SICCMA

**SOLUCIÓN INTELIXENTE DE CONTROL E COMUNICACIÓN DE MAQUINARIA – SICCMA **

[AEI-010500-2022b-250]

O obxectivo principal de SICCMA é contribuír á transformación dixital das PEMES, especialmente as do sector naval, mediante o desenvolvemento experimental dunha solución innovadora de prestacións de comunicación e control avanzado, que posibilite o control intelixente de equipos sinxelos.

Este proxecto busca obter unha alternativa viable desde o punto de vista económico que permita dar resposta ás demandas e necesidades das PEMES do sector naval, superando as limitacións que actualmente presenta este tipo de máquinas de amplo uso, e para as cales aínda non existe unha solución intelixente que permita equiparar a súa funcionalidade á dos equipos máis complexos. Para iso, combinaranse, configuraranse, adaptaranse e empregaranse coñecementos e técnicas xa existentes, co fin último de obter un prototipo non comercializable da solución validado nunha contorna relevante. A plataforma que se vai desenvolver mellorará substancialmente as características técnicas e funcionais das escasas alternativas existentes na actualidade, tendo en todo momento presente que debe ser un produto economicamente accesible e viable que fomente a innovación, a dixitalización e a competitividade das PEMES

Para o desenvolvemento de SICCMA, constituíuse un consorcio integrado pola Agrupación Empresarial Innovadora (AEI) **Asociación Clúster del Naval Gallego **(ACLUNAGA), e dúas PEMES asociadas á devandita AEI, INDUSTRIAS FERRI, S.A., e FRANCISCO CARDAMA, S.A.

Este proxecto foi apoiado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.

Orde de bases: *Orde ICT/1117/2021, do 9 de outubro, modificada pola Orde ICT/474/2022, do 20 de maio, pola que se establecen as bases reguladoras de axudas de apoio a Agrupacións Empresariais Innovadoras co obxecto de mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas. *

Convocatoria:* Orde do 25 de xuño de 2022, pola que se efectúa a convocatoria correspondente a 2022 das axudas establecidas para o apoio a Agrupacións Empresariais Innovadoras, co obxecto de mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.*