Maquinaria especializada

 

 

 

O mar, o lugar onde todo acontece. Da man do cliente realizamos os máis ambiciosos proxectos imaxinables. Ferri, o seu aliado para traballar no mar.

 

 

 

Equipos á medida

Estudamos a ubicación, o tipo de carga e a función para acadar potencia, dimensións, movemento, alcance e manobrabilidade axeitadas. Innovamos mediante a combinación de tecnoloxías, pero coidando que tanto a súa instalación coma o seu mantemento sexan sinxelos, reducindo así os custos e acelerando a integración final.

Asistencia técnica

A calquera hora, calquera día do ano. Antes, durante e despois da entrega. Dispoñemos dunha rede de axentes que garanten unha cobertura mundial. Pezas de reposto, soporte técnico e solución de problemas. Mantemento e xestión do ciclo de vida. Dispoñemos tamén dunhas instalacións especialmente acondicionadas para realizar probas en terra.
Z

Calidade certificada

Sistemas de control de calidade segundo ISO 9001 e PECAL así coma control medioambiental segundo ISO 14001. Outras regulacións específicas para offshore (NORSOK, API, UKOOA, EN 13582), rescate (SOLAS, MED, LSA, USCG), industria (DIN, ISO, FEM, EN, IEC, ATEX, ASME), militares (STANAG, DEF) e certificacións.

Buques

Produtos

Bandeiras

Proxectos

Experiencia e fiabilidade

Cunha formidable traxectoria dende 1964, facemos uso da nosa experiencia para achegar solucións tanto en embarcacións militares coma civís: offshore, pesca, carga, buques oceanográficos, mega-iates , patrullas, fragatas, portaaeronaves, plataformas enerxéticas, etc.

Solucións para cualquera necesidade

Os nosos proxectos sempre se desenvolven en estreita colaboración co cliente, baseándonos nun procedemento de probada eficacia: analizamos, deseñamos, acordamos e actuamos. Estudamos o emprazamento, o tipo de carga e a finalidade para axeitar a potencia, dimensións, movementos, alcance e manobrabilidade dos equipos.

Equipos preparados para a dureza do mar

 

Se ten os seus requisitos perfectamente definidos podemos axudarlle a través dunha das nosas numerosas e económicas solucións técnicas. E se ten unha necesidade novidosa ou algunha nova idea que desexe desenvolver, o noso equipo técnico traballará para analizala, asesoralo e proporcionarlle un equipo que satisfaga totalmente as súas expectativas.

 

NOS VEMOS EN:

MEET US AT THE EXHIBITION:
RENCONTREZ-NOUS À L’EXPOSITION:
ONTMOET ONS OP DE TENTOONSTELLING:
TREFFEN SIE UNS AUF DER MESSE:

STAND C01

Del 21 al 23 de Mayo de 2024 se celebrará en Vigo NAVALIA ...