Pescantes e sistemas para botes

Equipos para a posta a flote e recuperación de embarcacións de traballo, deseñados para as condicións de traballo máis esixentes que poidamos ter en mente. Máis de 60 buques en todo o mundo usan satisfactoriamente os nosos pescantes e sistemas para botes.

Equipos para a posta a flote e recuperación de embarcacións de traballo, deseñados para as condicións de traballo máis esixentes que poidamos ter en mente. Adaptables aos requisitos do buque: espazo, acceso e ubicación. Funcionalidade e operatividade otorgando a máxima prioridade á seguridade da tripulación ante calquera estado do mar.

Ofrecemos unha ampla gama de solucións acorde ás condicións de operatividade e deseño do buque. Integramos solucións técnicas de deseño tales coma: alta velocidade, amortecedores, tensión constante, antibalance e anticabeceo, tensionadores de cable, berces de estiba, tangóns de remolque, recuperación de cable, ganchos específicos, baixa cota radar, temperaturas extremas, xeo, etc.

Ofrecemos servizos de inspección, adestramento e mantemento ao longo da vida útil dos equipos, asegurando un longo ciclo de vida.

Eles xa confían en nós:

            

PESCANTES DE BÚSQUEDA E RESCATE

Buque oceanográfico (España)

FUNCIÓN: Manexo dun bote profesional, para operacións rápidas de búsqueda e rescate en augas antárticas.

CONTRIBUCIÓN: Mínimo empacho en cuberta, brazos estabilizadores para o bote, deseñado para temperaturas de operación de ata -40ºC.

OUTROS EQUIPOS FERRI INSTALADOS: Pastecas para equipos oceanográficos.
Pórticos lateral e de popa.

PESCANTE DE INTERVENCIÓN RÁPIDA

Guardia Civil (España)
Bote policial

FUNCIÓN: Sistema de manexo para botes profesionais de seguridade de intervención rápida e/ou búsqueda e rescate.

CONTRIBUCIÓN: Alta velocidade de izado, amortecedor dos balances nas manobras de basculamento e tangón para a realización de operacións seguras en navegación.

BRAZO TELESCÓPICO PARA BOTES DE ASALTO

Alborán (España)
Patrulleiro de altura

FUNCIÓN: Manexo de botes para operacións de asalto en alta mar.

CONTRIBUCIÓN: deseño optimizado, totalmente adaptado ao buque, para instalación nun nicho de reducidas dimensións. Sistema provisto de brazos estabilizadores de balance para o bote.

PESCANTE PARA INTERVENCIÓN RÁPIDA DE BOTES DE ASALTO

Portaaeronaves (Australia, España)

FUNCIÓN: Pescante radial baixo cuberta. Manexo de bote para operacións de vixiancia en alta mar.

CONTRIBUCIÓN: Completa integración a bordo, alta velocidade de izado.

EMBARCADOIRO POR POPA PARA BOTES DE INSPECCIÓN

Inspección pesqueira (Dinamarca)

FUNCIÓN: Posta a flote e recuperación dun bote de inspección.

CONTRIBUCIÓN: Completa integración a bordo. Operacións de solta e recuperación moi rápidas sen intervención da tripulación no buque nutriz.

GUINDASTRE DE USO COMBINADO CARGA-LANCHA

Carga – Bote de traballo – Salvamento SOLAS (Dinamarca).

Máis información

FUNCIÓN: Guindastre para manexo de provisións, manexo de cargas en entornos offshore e para posta a flote e recuperación dun bote de traballo con tripulación a bordo.

CONTRIBUCIÓN: Equipo especialmente deseñado para a posta a flote e recuperación segura de botes de 10T de xeito seguro segundo as regulacións do SOLAS. Inclúe un cabezal amortecedor deseñado para o bote. Certificado tipo 3.2 por DNV “Regras para a clasificación e certificación de aparatos de elevación”.

GUINDASTRE DE USO COMBINADO PARA CARGA DE BOTES

Fragates (Noruega)

Máis información

FUNCIÓN: Guindastre encartable para posta a flote e recuperación dun bote militar e manexo de provisións.

CONTRIBUCIÓN: Deseño resistente a impactos por explosións submarinas, homologación SOLAS, dous usos combinados nun único equipo de cuberta, deseño de guindastre compacto con central hidráulica.

OUTROS PROXECTOS

INDUSTRIAS FERRI PERMANECERÁ CERRADO LOS DÍAS 28 Y 29 DE MARZO

INDUSTRIAS FERRI WILL BE CLOSED ON MARCH 28 & 29 BY EASTER 

INDUSTRIAS FERRI SERA FERMÉ LES 28 ET 29 MARS POUR LA SEMAINE DE PÂQUES

INDUSTRIAS FERRI IS GESLOTEN OP 28 EN 29 MAART IN VERBAND MET PAASWEEK